PERSOA TITULADA EN TRABALLO SOCIAL
Buscamos persoa titulada en Traballo Social para o CIEMA Lugo, recurso especializado en executar medidas en medio aberto con menores infractores da Provincia de Lugo
Funcións principais
Avaliar a situación sociofamiliar da persoa menor e elaborar os informes vinculados á medida xudicial.
Informar e orientar á persoa menor e á súa familia sobre recursos e axudas sociais, facilitando o acceso á rede comunitaria.
Deseñar e coordinar itinerarios formativos e de inserción sociolaboral, así como programas de mellora da empregabilidade.
Tramitar documentación e permisos administrativos, e xestionar a acreditación persoal ante organismos competentes.
Coordinarse con servizos sociais, entidades públicas e recursos comunitarios, especialmente en situacións de vulnerabilidade.
Ofrecer apoio técnico ao equipo do CIEMA durante o proceso da intervención educativa.
Xestionar o Plan de Voluntariado
Favorecer a integración social da persoa menor, reforzando as súas competencias persoais, sociais e familiares.
Requisitos
Diplomatura ou Grao en Traballo Social.
Coñecementos de informática a nivel usuario.
Carné de conducir.
Certificado negativo do Rexistro Central de Delitos de Natureza Sexual.
Dominio do galego oral e escrito.
Actitudes, habilidades e rasgos persoais
Capacidade para transmitir confianza, empatía, proximidade e estabilidade.
Tolerancia ao estrés e á frustración.
Actitude aberta e respectuosa cara ás diferenzas individuais.
Discreción, prudencia e capacidade de toma de decisións e negociación.
Capacidade para aprender e formarse de maneira continua.
Capacidade para traballar en equipo.
Habilidade para elaborar documentación.
Capacidade para afrontar intervencións en situacións de crise.